2º de bacharelato
|
Lingua
Castelá e Literatura II. 2º de bacharelato
|
|
||
Obxectivos
|
Contidos
|
Criterios
de avaliación
|
Estándares
de aprendizaxe
|
Competencias
clave
|
|
Bloque 1.
Comunicación oral: escoitar e falar
|
|
||
§ h
|
§ B1.1. Comunicación oral non espontánea nos ámbitos
educativo, xornalístico, profesional e empresarial. A súa caracterización.
|
§ B1.1. Escoitar de forma activa e analizar textos orais
argumentativos e expositivos procedentes dos ámbitos educativo, xornalístico,
profesional e empresarial, identificando os trazos propios do seu xénero,
relacionando os aspectos formais do texto coa intención comunicativa do
emisor e co resto dos factores da situación comunicativa.
|
§ LCL2B1.1.1. Recoñece as formas de organización do
contido nunha argumentación oral, analizando os recursos verbais e non
verbais empregados polo emisor e valorándoos en función dos elementos da
situación comunicativa.
|
§ CCL
|
§ LCL2B1.1.2. Analiza os recursos verbais e non verbais
presentes en textos orais argumentativos e expositivos procedentes dos
ámbitos educativo, xornalístico, profesional e empresarial, relacionando os
aspectos formais e expresivos coa intención do emisor, o xénero textual e o resto
dos elementos da situación comunicativa.
|
§ CCL
|
|||
§ d
§ e
§ g
|
§ B1.1. Comunicación oral non espontánea nos ámbitos
educativo, xornalístico, profesional e empresarial. A súa caracterización.
|
§ B1.2. Sintetizar o contido de textos expositivos e
argumentativos orais do ámbito educativo (conferencias e mesas redondas),
diferenciando a información relevante e accesoria, e utilizando a escoita
activa como un medio de adquisición de coñecementos.
|
§ LCL2B1.2.1. Sintetiza por escrito o contido de textos
orais argumentativos e expositivos procedentes dos ámbitos educativo,
xornalístico, profesional ou empresarial, discriminando a información
relevante.
|
§ CAA
|
§ d
§ e
§ g
|
§ B1.2. Comprensión e produción de textos orais
procedentes dos medios de comunicación social: xéneros informativos e de
opinión. Publicidade.
|
§ B1.3. Extraer información de textos orais xornalísticos
e publicitarios procedentes dos medios de comunicación social, recoñecendo a
intención comunicativa, o tema, a estrutura e o contido, identificando os
trazos propios do xénero xornalístico e os recursos verbais e non verbais
utilizados, e valorando de forma crítica a súa forma e o seu contido.
|
§ LCL2B1.3.1. Interpreta diversos anuncios sonoros e
audiovisuais, identificando a información e a persuasión, recoñecendo os
elementos que utiliza o emisor para seducir o receptor, valorando
criticamente a súa forma e o seu contido, e rexeitando as ideas
discriminatorias.
|
§ CSC
|
§ a
§ b
§ c
§ d
§ e
§ g
§ h
§ m
|
§ B1.3. Presentación oral: planificación, documentación,
avaliación e mellora.
|
§ B1.4. Realizar unha presentación educativa oral sobre
un tema controvertido, contrapondo puntos de vista enfrontados, defendendo
unha opinión persoal con argumentos convincentes e utilizando as tecnoloxías
da información e da comunicación para a súa realización, avaliación e mellora.
|
§ LCL2B1.4.1. Planifica, realiza e avalía presentacións
educativas orais de forma individual ou en grupo sobre un tema polémico de
carácter educativo ou da actualidade social, científica ou cultural,
analizando posturas enfrontadas e defendendo unha opinión propia mediante
argumentos convincentes.
|
§ CCL
§ CSC
|
§ LCL2B1.4.2. Compila información e apoios audiovisuais
ou gráficos, consultando fontes de información diversa e utilizando
correctamente os procedementos de cita.
|
§ CD
|
|||
§ LCL2B1.4.3. Clasifica e estrutura a información obtida,
elaborando un guión da presentación.
|
§ CMCCT
|
|||
§ LCL2B1.4.4.
Exprésase oralmente con claridade, precisión e corrección, axustando a súa
actuación verbal e non verbal ás condicións da situación comunicativa, e
utilizando os recursos expresivos propios do rexistro formal.
|
§ CCL
|
|||
§ LCL2B1.4.5. Avalía as súas presentacións orais e as
dos/das seus/súas compañeiros/as, detectando as dificultades estruturais e
expresivas, e deseñando estratexias para mellorar as súas prácticas orais e
progresar na aprendizaxe autónoma.
|
§ CAA
|
|||
|
Bloque 2.
Comunicación escrita: ler e escribir
|
|
||
§ h
§ l
|
§ B2.1. Comunicación escrita nos ámbitos educativo,
xornalístico, profesional e empresarial: elementos; xéneros textuais.
§ B2.2. Análise e comentario de textos escritos do ámbito
educativo.
|
§ B2.1. Comprender e producir textos expositivos e
argumentativos propios dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional ou
empresarial, identificando a intención do emisor, resumindo o seu contido,
diferenciando a idea principal e explicando o modo de organización.
|
§ LCL2B2.1.1. Comprende o sentido global de textos
escritos de carácter expositivo e argumentativo propios dos ámbitos
educativo, xornalístico, profesional ou empresarial, identificando a
intención comunicativa do emisor e a súa idea principal.
|
§ CCL
|
§ LCL2B2.1.2. Sintetiza textos de carácter expositivo e
argumentativo propios dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional ou
empresarial, diferenciando as ideas principais e as secundarias.
|
§ CAA
|
|||
§ LCL2B2.1.3. Analiza a estrutura de textos expositivos e
argumentativos procedentes dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional
ou empresarial, identificando os tipos de conectores e organizadores da
información textual.
|
§ CCL
|
|||
§ LCL2B2.1.4. Produce textos expositivos e argumentativos
propios usando o rexistro adecuado á intención comunicativa, organizando os
enunciados en secuencias lineais cohesionadas e respectando as normas
ortográficas e gramaticais, e revisa a súa produción escrita para mellorala.
|
§ CCL
|
|||
§ b
§ h
§ l
|
§ B2.3. Planificación, realización, revisión e mellora de
textos escritos de diferentes ámbitos sociais e educativos.
|
§ B2.2. Escribir textos expositivos e argumentativos
propios do ámbito educativo con rigor, claridade e corrección, empregando
argumentos adecuados e convincentes, e axustando a súa expresión á intención
comunicativa e ao resto das condicións da situación comunicativa.
|
§ LCL2B2.2.1. Desenvolve por escrito un tema do currículo
con rigor, claridade e corrección ortográfica e gramatical, aplicando os
coñecementos gramaticais e pragmáticos, para mellorar a expresión escrita.
|
§ CCL
|
§ LCL2B2.2.2. Nas súas producións escritas axusta a súa
expresión ás condicións da situación comunicativa (tema, ámbito discursivo,
tipo de destinatario, xénero textual, etc), empregando os recursos expresivos
propios do rexistro formal e evitando o uso de coloquialismos.
|
§ CCL
|
|||
§ LCL2B2.2.3. Avalía as súas propias producións escritas
e as dos/das seus/súas compañeiros/as, recoñecendo as dificultades
estruturais e expresivas, recorrendo a obras de consulta tanto impresas como
dixitais para a súa corrección, e deseñando estratexias para mellorar a súa
redacción e avanzar na aprendizaxe autónoma.
|
§ CAA
|
|||
§ b
§ e
§ h
|
§ B2.3. Planificación, realización, revisión e mellora de
textos escritos de diferentes ámbitos sociais e educativos.
|
§ B2.3. Realizar traballos educativos individuais ou en
grupo sobre temas polémicos do currículo ou da actualidade social, científica
ou cultural, planificando a súa realización, contrastando opinións
enfrontadas, defendendo unha opinión persoal e utilizando as tecnoloxías da
información e da comunicación para a súa realización, avaliación e mellora.
|
§ LCL2B2.3.1. Realiza traballos educativos individuais e
en grupo sobre un tema controvertido do currículo ou da actualidade social, cultural
ou científica, planificando a súa realización, fixando os seus propios
obxectivos, contrastando posturas enfrontadas, e organizando e defendendo
unha opinión propia mediante distintos tipos de argumentos.
|
§ CSIEE
|
§ LCL2B2.3.2. Utiliza as tecnoloxías da información e da
comunicación para documentarse, consultando fontes diversas, avaliando,
contrastando, seleccionando e organizando a información relevante mediante
fichas-resumo.
|
§ CD
|
|||
§ LCL2B2.3.3. Respecta as normas de presentación de
traballos escritos: organización en epígrafes, procedementos de cita, notas a
pé de páxina, bibliografía…
|
§ CCL
|
|||
§ b
§ e
§ g
§ h
|
§ B2.1. Comunicación escrita nos ámbitos educativo,
xornalístico, profesional e empresarial: elementos; xéneros textuais.
§ B2.2. Análise e comentario de textos escritos do ámbito
educativo.
|
§ B2.4. Analizar textos escritos argumentativos e
expositivos propios dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional ou
empresarial, identificando os seus trazos formais característicos e
relacionando as súas características expresivas coa intención comunicativa e
co resto dos elementos da situación comunicativa.
|
§ LCL2B2.4.1. Describe os trazos morfosintácticos,
léxico-semánticos e pragmático-textuais presentes nun texto expositivo ou
argumentativo procedente dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional ou
empresarial, utilizando a terminoloxía gramatical adecuada e pondo de
manifesto a súa relación coa intención comunicativa do emisor e cos trazos
propios do xénero textual.
|
§ CCL
|
§ LCL2B2.4.2. Recoñece, describe e utiliza os recursos
gramaticais (substitución pronominal, uso reiterado de determinadas
estruturas sintácticas, correlación temporal, etc.) e léxico-semánticos
(substitución por sinónimos, hipónimos e hiperónimos, reiteracións léxicas,
etc.) que proporcionan cohesión aos textos escritos.
|
§ CCL
|
|||
§ LCL2B2.4.3. Recoñece e explica os procedementos de cita
(estilo directo, indirecto ou indirecto libre, e cita encuberta) presentes en
textos expositivos e argumentativos, así como a súa función no texto.
|
§ CCL
|
|||
|
Bloque 3.
Coñecemento da lingua
|
|
||
§ d
§ e
|
§ B3.1. Análise e explicación do léxico castelán e dos
procedementos de formación.
|
§ B3.1. Recoñecer e explicar o proceso de formación das
palabras en español, aplicando os coñecementos adquiridos para a mellora, a
comprensión e o enriquecemento do vocabulario activo.
|
§ LCL2B3.1.1. Explica os procedementos de formación das
palabras diferenciando entre raíz e afixos, e explicando o seu significado.
|
§ CCL
|
§ LCL2B3.1.2. Recoñece e explica a procedencia
grecolatina de grande parte do léxico español e valora o seu coñecemento para
a dedución do significado de palabras descoñecidas.
|
§ CAA
|
|||
§ e
|
§ B3.2. Substantivo: caracterización morfolóxica,
sintáctica e semántica.
§ B3.3. Adxectivo: caracterización morfolóxica,
sintáctica e semántica.
§ B3.4. Verbo: flexión verbal; perífrase verbal.
§ B3.5. Pronome: tipoloxía e valores gramaticais.
§ B3.6. Determinantes: tipoloxía e usos.
§ B3.7. Recoñecemento das diferenzas entre pronomes e
determinantes: relacións gramaticais.
§ B3.8. Adverbio: tipoloxía e valores gramaticais.
§ B3.9. Preposicións, conxuncións e interxeccións:
tipoloxía e valores gramaticais.
|
§ B3.2. Recoñecer e identificar os trazos característicos
das categorías gramaticais, e explicar os seus usos e valores nos textos.
|
§ LCL2B3.2.1. Identifica e explica os usos e os valores
das categorías gramaticais, en relación coa intención comunicativa do emisor,
coa tipoloxía textual seleccionada e con outros compoñentes da situación
comunicativa (audiencia e contexto).
|
§ CCL
|
§ LCL2B3.2.2. Selecciona o léxico e a terminoloxía
adecuados en contextos comunicativos que esixen un uso formal e especializado
da lingua, evitando o uso de coloquialismos, imprecisións ou expresións
clixé.
|
§ CSC
|
|||
§ d
§ e
|
§ B3.10. Observación, reflexión e explicación do
significado das palabras. Denotación e connotación.
|
§ B3.3. Identificar e explicar os niveis de significado
das palabras ou expresións en función da intención comunicativa do discurso
oral ou escrito en que aparecen.
|
§ LCL2B3.3.1. Explica con propiedade o significado de
palabras ou expresións, diferenciando o seu uso denotativo e connotativo, e
relacionándoo coa intención comunicativa do emisor.
|
§ CCL
|
§ LCL2B3.3.2. Recoñece, analiza e interpreta as relacións
semánticas entre as palabras (sinonimia, antonimia, hiperonimia, polisemia e
homonimia) como procedemento de cohesión textual.
|
§ CCL
|
|||
§ d
§ e
|
§ B3.11. Observación, reflexión e explicación das
estruturas sintácticas simples e complexas. Conexións lóxicas e semánticas
nos textos.
|
§ B3.4. Observar, reflexionar e explicar as estruturas
sintácticas dun texto, sinalando as conexións lóxicas e semánticas que se
establecen entre elas.
|
§ LCL2B3.4.1. Recoñece as estruturas sintácticas e
explica a relación funcional e de significado que establecen co verbo da
oración principal, empregando a terminoloxía gramatical adecuada.
|
§ CCL
|
§ d
§ e
|
§ B3.11. Observación, reflexión e explicación das
estruturas sintácticas simples e complexas. Conexións lóxicas e semánticas
nos textos.
§ B3.12. Observación, reflexión e explicación das formas
de organización textual de textos procedentes de diferentes ámbitos.
Intertextualidade.
|
§ B3.5. Aplicar os coñecementos sobre estruturas
sintácticas dos enunciados para a realización, a autoavaliación e a mellora
de textos orais e escritos, tomando conciencia da importancia do coñecemento
gramatical para o uso correcto da lingua.
|
§ LCL2B3.5.1. Enriquece os seus textos orais e escritos
incorporando estruturas sintácticas variadas e aplicando os coñecementos
adquiridos para a revisión e a mellora destes.
|
§ CCL
|
§ LCL2B3.5.2. Aplica os coñecementos adquiridos sobre as
estruturas sintácticas dos enunciados para a realización, autoavaliación e
mellora dos propios textos orais e escritos, tomando conciencia da
importancia do coñecemento gramatical para o uso correcto da lingua.
|
§ CSIEE
|
|||
§ d
§ e
§ m
|
§ B3.13. Identificación e uso dos recursos expresivos que
marcan a obxectividade e a subxectividade.
§ B3.14. Observación, reflexión e explicación da deíxe
temporal, espacial e persoal.
|
§ B3.6. Aplicar os coñecementos sobre o funcionamento da
lingua á comprensión, á análise e ao comentario de textos de distinto tipo
procedentes dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional e empresarial,
relacionando os usos lingüísticos (marcas de obxectividade e subxectividade;
referencias deícticas temporais, espaciais e persoais, e procedementos de
cita) coa intención comunicativa do emisor e o resto dos elementos da
situación comunicativa.
|
§ LCL2B3.6.1. Recoñece, analiza e explica as
características lingüísticas e os recursos expresivos de textos procedentes
dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional e empresarial, relacionando
os usos lingüísticos coa intención comunicativa do emisor e o resto dos
elementos da situación comunicativa, e utilizando a análise para afondar na
comprensión do texto.
|
§ CCL
|
§ LCL2B3.6.2. Aplica os coñecementos sobre o
funcionamento da lingua á comprensión, á análise e ao comentario de textos de
distinto tipo procedentes dos ámbitos educativo, xornalístico, profesional e
empresarial, relacionando os usos lingüísticos (marcas de obxectividade e
subxectividade; referencias deícticas temporais, espaciais e persoais, e
procedementos de cita) coa intención comunicativa do emisor e o resto dos
elementos da situación comunicativa.
|
§ CSIEE
|
|||
§ LCL2B3.6.3. Recoñece e explica os procedementos de
inclusión do emisor e do receptor no texto.
|
§ CCL
|
|||
§ LCL2B3.6.4. Recoñece e explica as referencias
deícticas, temporais, espaciais e persoais nos textos.
|
§ CCL
|
|||
§ LCL2B3.6.5. Recoñece, explica e utiliza os
procedementos de cita.
|
§ CCL
|
|||
§ LCL2B3.6.6. Revisa textos escritos propios e alleos,
recoñecendo e explicando as súas incorreccións (concordancias, réxime verbal,
ambigüidades sintácticas, coloquialismos, etc.), con criterios gramaticais e
terminoloxía apropiada, co obxecto de mellorar a expresión escrita e avanzar
na aprendizaxe autónoma.
|
§ CAA
|
|||
§ e
|
§ B3.12. Observación, reflexión e explicación das formas
de organización textual de textos procedentes de diferentes ámbitos.
Intertextualidade.
§ B3.13. Identificación e uso dos recursos expresivos que
marcan a obxectividade e a subxectividade.
§ B3.14. Observación, reflexión e explicación da deíxe
temporal, espacial e persoal.
|
§ B3.7. Explicar a forma de organización interna dos
textos expositivos e argumentativos.
|
§ LCL2B3.7.1. Recoñece, explica e utiliza en textos
propios e alleos as formas de estruturar os textos expositivos e
argumentativos.
|
§ CCL
|
§ b
§ d
§ e
|
§ B3.12. Observación, reflexión e explicación das formas
de organización textual de textos procedentes de diferentes ámbitos.
Intertextualidade.
|
§ B3.8. Reflexionar sobre a relación entre os procesos de
produción e recepción dun texto, recoñecendo a importancia que para a súa
comprensión teñen os coñecementos previos que se posúen a partir de lecturas
anteriores que se relacionan con el.
|
§ LCL2B3.8.1. Expresa as súas experiencias de lectura de
obras de diferente tipo, xénero, etc., e as súas experiencias persoais en
relación co novo texto, para chegar a unha mellor comprensión e
interpretación deste.
|
§ CCL
|
§ a
§ e
§ h
|
§ B3.15. Coñecemento e explicación do español actual. O
español na rede. Situación do español no mundo. O español de América.
|
§ B3.9. Coñecer a situación do español no mundo, as súas
orixes históricas e os seus trazos característicos, e valor as súas
variantes.
|
§ LCL2B3.9.1. Coñece a situación actual da lingua
española no mundo diferenciando os usos específicos da lingua no ámbito
dixital.
|
§ CSC
|
§ LCL2B3.9.2. Coñece as orixes históricas do español en
América e as súas principais áreas xeográficas, recoñecendo nun texto oral ou
escrito algúns dos trazos característicos e valorando as súas variantes.
|
§ CSC
|
|||
§ i
§ l
|
§ B3.16. Participación en proxectos (elaboración de
materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas,
etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras
presentes no centro docente, e relacionados
cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou
culturais.
|
§ B3.10. Participar en proxectos (elaboración de
materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas,
etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes
no centro docente, e relacionados cos
elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou
culturais.
|
§ LCL2B3.10.1. Participa en proxectos (elaboración de
materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas,
obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais,
evita estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as
competencias que posúe como persoa plurilingüe.
|
§ CCL
§ CAA
|
§ g
§ h
|
§ B3.17. Identificación e progresiva utilización dos
coñecementos sobre as linguas para desenvolver unha competencia comunicativa
integrada.
|
§ B3.11. Reflexionar sobre o sistema e as normas de uso
das linguas, mediante a comparación e a transformación de textos, enunciados
e palabras, e utilizar estes coñecementos para solucionar problemas de
comprensión e para a produción de textos.
|
§ LCL2B3.11.1. Utiliza os coñecementos lingüísticos de
ámbito contextual, textual, oracional e da palabra desenvolvidos no curso
nunha das linguas, para mellorar a comprensión e a produción dos textos
traballados en calquera das outras.
|
§ CAA
|
|
Bloque 4.
Educación literaria
|
|
||
§ d
§ h
§ i
|
§ B4.1. Estudo cronolóxico das obras máis representativas
da literatura en español do século XX ata os nosos días.
|
§ B4.1. Coñecer os aspectos temáticos e formais dos
principais movementos literarios do século XX ata os nosos días, así como os
autores e obras máis significativos.
|
§ LCL2B4.1.1. Desenvolve por escrito con coherencia e
corrección as características temáticas e formais dos principais movementos do
século XX ata os nosos días, mencionando os autores e obras máis
representativas.
|
§ CCEC
|
§ d
§ h
§ i
§ c
|
§ B4.2. Análise de fragmentos ou obras significativas do
século XX ata os nosos días.
|
§ B4.2. Ler e analizar textos literarios representativos
da historia da literatura do século XX ata os nosos días, identificando as
características temáticas e formais, en relación co contexto, o movemento, o
xénero ao que pertence e a obra do/da autor/a, e constatando a evolución
histórica de temas e formas.
|
§ LCL2B4.2.1. Analiza fragmentos literarios ou, de ser o
caso, de obras completas do século XX ata os nosos días, relacionando o
contido e as formas de expresión coa traxectoria e o estilo do/da seu/súa
autor/a, o seu xénero e o movemento literario ao que pertence.
|
§ CCEC
|
§ LCL2B4.2.2. Compara textos de diferentes épocas, e
describe a evolución de temas e formas.
|
§ CCEC
|
|||
§ d
§ h
§ i
§ m
|
§ B4.3. Interpretación crítica de fragmentos ou obras
significativas do século XX ata os nosos días. Reflexión e superación de
estereotipos de xénero, clase, crenzas, etc.
|
§ B4.3. Interpretar de xeito crítico fragmentos ou obras
da literatura do século XX ata os nosos días, recoñecendo as ideas que
manifestan a relación da obra co seu contexto histórico, artístico e
cultural.
|
§ LCL2B4.3.1. Interpreta de xeito crítico fragmentos ou
obras completas significativos da literatura do século XX ata os nosos días,
recoñecendo as ideas que manifestan a relación da obra co seu contexto
histórico, artístico e cultural.
|
§ CSC
|
§ g
|
§ B4.4. Planificación e elaboración de traballos educativos
escritos ou presentacións sobre temas, obras ou autores/as da literatura do
século XX ata os nosos días.
|
§ B4.4. Desenvolver por escrito un tema da historia da
literatura do século XX ata os nosos días, expondo as ideas con rigor,
claridade e coherencia, e achegando unha visión persoal.
|
§ LCL2B4.4.1. Desenvolve por escrito un tema da historia
da literatura do século XX ata os nosos días, expondo as ideas con rigor,
claridade, coherencia e corrección, e achegando unha visión persoal.
|
§ CCL
|
§ g
|
§ B4.4. Planificación e elaboración de traballos
educativos escritos ou presentacións sobre temas, obras ou autores da
literatura do século XX ata os nosos días.
|
§ B4.5. Elaborar un traballo de carácter educativo en
soporte impreso ou dixital sobre un tema do currículo de literatura
consultando fontes diversas, adoptando un punto de vista crítico e persoal, e
utilizando as tecnoloxías da información.
|
§ LCL2B4.5.1. Le textos informativos en papel ou en
formato dixital sobre un tema do currículo de literatura do século XX ata os
nosos días, extraendo a información relevante para ampliar coñecementos sobre
o tema.
|
§ CAA
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario